top of page

Esta materia de Libre Configuración do Centro, impártese en 1º de ESO e para todo o alumnado.

Baseada no traballo por proxectos e colaborativo, no que o alumnado intégrase de forma activa e placentera nun grupo de traballo superando as dificultades que supón a expresión espontánea de ideas e sentimentos dun mesmo e a aceptación das manifestacións dos demais, optimiza as súas estratexias para contar contos, escribir relatos e ilustralos, desenvolvendo así as competencias orais e escritas á vez que se fai fincapé na comunicación oral e expresiva.

​

Todos estes aspectos estarán encadrados nun eixe central, os contos: 

​

B1.1 Ler e comprender textos narrativos e redactar unha breve narración.

 

B1.2 Escoitar activamente e contar de maneira correcta unha historia (con ou sen apoio visual/escrito): modular a voz, ler de forma lenta e adecuada segundo a personaxe e acción, xesticular, usar a expresión corporal…)

 

B2.1 Coñecer as características dun texto dramático e a súa representación.

 

B2.2 Traballar a expresión corporal para coñecer o corpo e as súas posibilidades como instrumento para o seu desenvolvemento persoal e como ferramenta de conexión co medio.

 

B2.3 Interpretar historias dramáticas pertencentes ao imaxinario/literatura popular e crear ou adaptar un motivo, escena ou historia para ser dramatizada en grupo.

 

B3.1 Coñecer a historia, cultura e características do kamishibai.

 

B3.2 Escoitar activamente e interpretar de maneira correcta un conto kamishibai.

 

B3.3 Crear e Interpretar contos kamishibai en grupo e para seren representados en público.

 

 

Ao cabo de cada trimestre, o traballo/obra realizada será presentada ao resto da clase, a outras clases ou a outros colectivos. É por isto que na nosa programación contemplamos as seguintes actividades:

 

COMPLEMENTARIAS:

  • Visita á Biblioteca Escolar do Centro e a Biblioteca Municipal de Tui.

  • Participación na actividade municipal de TUI LE.

  • Participación nas actividades deseñadas no centro para as conmemoración escolares ( Día dos Dereitos Humanos, Dereitos dos nenos e nenas, Día da Paz, …)

  • Participación nas actividades da Biblioteca Escolar do IES así como nas actividades do Departamento de Normalización Lingüística.

  • Participación de contadas no Centro de Educación Infantil da Galiza Azul de Tui e/ou outros centros da cidade.

 

EXTRAESCOLARES:

  • Visita e participación no Salón do Libro de Pontevedra.

  • Asistencia a algunha obra de teatro, cine ou contada.

  • Participación en concursos ou programas relacionados coa temática traballada no curso e no Proxecto.

  • Intercambio experiencias e/ou visitas con outros centros escolares e/ou culturais.

PRESENTACIÓN

Barco de papel
bottom of page